OPOSICIÓNS 2023 - Disposición transitoria ao Acordo de persoal interino/substituto


04 Ene, 2023

DOG Resolución do 20 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF-Ensino e UGT-SP Ensino polo que se engade unha disposición transitoria quinta ao Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería.

A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, no artigo 2.1 autoriza unha taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que incluirá as prazas de natureza estrutural que, estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020:

- A convocatoria do concurso-oposición destas 125 prazas de estabilización de emprego público inclúe 54 especialidades. O número de prazas por especialidade é moi reducido e en 26 delas ofertase unha única praza.

- O procedemento selectivo é extraordinario, por unha soa vez, cunha modificación tamén excepcional do sistema de ingreso.

- Por outra parte, na maioría das especialidades que se convocan, as expectativas de prestar servizos como persoal interino e substituto son moi reducidas para as persoas que se incorporarían polo que non resulta aconsellable incorporar novo persoal ás listas de interinidades e substitucións xa actualizadas ou pendentes de actualizar como consecuencia do concur- so-oposición convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 e publicada no DOG do 31 de xaneiro de 2022.

Por esta razón, engádese una disposición transitoria: ao tratarse dun procedemento excepcional e por unha soa vez, o persoal participante no concurso-oposición non accederá ás listas de interinidades e substitucións.