GALICIA.Abierta bolsas de trabajo para docentes interinos para las especialidades de árabe, italiano, portugués y ruso para EOI


01 Jun, 2022

WEB - Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións nas especialidades de árabe (592002), italiano (592012), portugués (592015) e ruso (592017) do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas(592)

Resolución do 1 de xuño de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592). (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 2 de xuño ata o mércores día 15 de xuño de 2022, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 2 de xuño de 2022.

2º.  Premer na icona “Tramitar en liña”

3º. Cubrir datos, anexar documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º. Lembrar anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

A  solicitude de inscrición estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o anexo I asinado como o recibo de presentación deste.

Para cada especialidade na que se desexa inscribir deberá cubrir unha solicitude e aboar a taxa correpondente.