GALICIA. Apertura de Bolsa de traballo de diferentes especialidades do corpo 590 e 591


24 Ene, 2023

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional (591)

CÓDIGO DA ESPECIALIDADE DENOMINACIÓN DA ESPECIALIDADE:

590015 Portugués
590109 Navegación e instalacións mariñas
590111 Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos
590112 Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica
b) Corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional

CÓDIGO DA ESPECIALIDADE DENOMINACIÓN DA ESPECIALIDADE:

591204 Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble
591205 Instalación e Mantemento de Equipamentos Térmicos e de Fluídos
591209 Mantemento de Vehículos
591210 Máquinas, Servizos e Produción
591211 Mecanizado e Mantemento de Máquinas
591217 Patronaxe e Confección
591223 Produción de Artes Gráficas

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ mércores día 25 de xaneiro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.