GALICIA. Apertura de listas de Francés - corpo de Mestres


17 Oct, 2023

WEB Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para a especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres 597033 (ED003A).

>> Prazo do 18 ao 24 de outubro.

>> Solicitudes: Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/ e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.

>> Resolución do 16 de outubro de 2023 co procedemento. (documentación, taxas...).

** A certificación académica persoal do título alegado exixido na que consten tanto as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos exixidos como a superación dos créditos necesarios para a obtención do dito título, coa especificación de que se pagaron os dereitos de expedición, cando menos no prazo de remate de finalización de solicitudes, para a expedición do título, e coa indicación expresa da especialidade ou mención deste.

Na dita certificación académica persoal deberá constar a nota media, e reflectirase expresamente que a mesma está calculada conforme ao Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro (Boletín Oficial de Estado núm. 224, do 18 de setembro)

>> LIGAZÓN ás titulacións esixidas.