GALICIA. OPOSICIÓNS 2023 - convocatoria dos procedementos selectivos


22 Dic, 2022

DOG RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se anuncia a convocatoria da Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A)

>>> O prazo de presentación de solicitudes será do 10 ao 20 de XANEIRO, accederedes a:  www.edu.xunta.gal/oposicións  onde deberedes crear unha solicitude. A cubriredes seguindo as instrucións que aparecen nesa mesma páxina de inicio e a presentaredes obrigatoriamente por sede electrónica. 

 

Para calquera dúbida ou aclaración chegado o momento, contacta con nós polas canles dispoñibles.