GALICIA. Oposiciones 2022 - Oferta de empleo público para plazas de personal funcionario de cuerpos docentes


27 Ene, 2022

DOGDECRETO 5/2022, do 20 de xaneiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2022.

O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público relativas á taxa de reposición é de 927.

Corpo de mestres: 298.

Corpo de profesores de ensino secundario: 577.

Corpo subgrupo A2 que teña as competencias para impartir módulos profesionais da formación profesional: 27.

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas: 25.

Ademais das prazas de reposición de efectivos a que se fai referencia nos artigos 2 e 3 deste decreto, ofertaranse as seguintes prazas de promoción interna:

Acceso ao corpo de inspectores de educación: 10.

Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario: 87.

 Reserva para persoas con discapacidade: do total de prazas ofertadas para ingreso e acceso reservarase unha cota do 7 % do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.