• Noticia Nueva

GALICIA. OPOSICIÓNS 2026 - Datas, horas e lugares de presentación e probas


11 Jun, 2026

WEB - Publicación das datas, horas e lugares en que se fará a presentación das persoas opositoras e a primeira proba do procesos selectivos no concurso-oposición para ingreso e acceso a corpos docentes, convocados pola Orde do 18 febreiro de 2026 e Corrección de erros.

➡️ O acto de presentación, de ASISTENCIA OBRIGATORIA, será para todo o persoal opositor o sábado 20 de xuño ás 9 horas no lugar indicado por cada TRIBUNAL.

As persoas aspirantes que non asistan decaerán do proceso, salvo casos de forza maior debidamente xustificados ante o tribunal. (consulta na resolución as causas xustificadas)

Igualmente será causa de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao que non se estea adscrito. 

**Recordamos que neste proceso, o persoal interino/substituto CONSOLIDADO non decaerá das listas de substitución ainda que non se presente.

 

 

➡️ DEBES consultar toda a información do teu tribunal en www.edu.xunta.gal/oposicions

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE